Translate

terça-feira, 3 de setembro de 2013

ROSALÍA DE CASTRO





Alonso Montero amosa a personalidade de Rosalía de Castro a un grupo de nenos
Guiou unha visita á exposición na que a Fundación Barrié conmemora os 150 anos da publicación de Cantares Gallegos
JORGE LAMAS - La Voz de Galicia.


O presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero, participou nas actividades didácticas da Fundación Barrié en torno á exposición «No principio foi o verso. Rosalía de Castro», na sede de Vigo. A Fundación Barrié ven organizando durante todo o verán campamentos semanais, polas mañás e polas tardes, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Alonso Montero guiou aos nenos participantes no derradeiro campamento de verán nun percorrido pola exposición, e participou no módulo ?A poesía e son?, no que os rapaces traballan en diferentes actividades que remarcan o carácter da poesía como fenómeno vocal e acústico, e graban os es propios poemas.
A exposición No principio foi o verso. Rosalía de Castro celebra o 150 aniversario da publicación na cidade de Vigo da obra Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, e foi organizada pola Fundación Barrié, a Fundación Rosalía de Castro, a Real Academia Galega e a Universidade de Vigo. A través dunha coidada escolma de documentos, publicacións, fotografías, audiovisuais e obxectos, a mostra, comisariada por Pepe Barro, e estruturada arredor de 8 bloques temáticos propón un percorrido verbo da vida e da obra da inmortal escritora, con especial atención ao proceso vital e creativo que arrodeou a xénese e publicación dunha obra única coa que Rosalía abriu o proceso bautizado como ?Rexurdimento? da literatura e cultura galega.

Nenhum comentário:

LA RECOMENDACIÓN DIARIA:

  LA RECOMENDACIÓN DIARIA el maratón  y  la maratón ,   formas adecuadas   La palabra  maratón  puede emplearse tanto en masculino  ( el mar...