Google+ Badge

Google+ Followers

Se você procura um serviço de tradução português-espanhol profissional e de máxima qualidade, podemos ajudar-lhe...

sexta-feira, 30 de janeiro de 2015

RAG


A RAG reclama a derogación do decreto do plurilingüismo


Nunha declaración institucional, a academia reclama maior presenza do galego na televisión e na universidade


«O galego non é un problema, é unha riqueza que non podemos estragar», asegura a Real Academia Galega nunha declaración institucional. A RAG pide de  novo a derogación do Decreto do plurilingüismo de 2010 e di que os cambios lexislativos «non só tiveron resultados insatisfactorios, senón que supuxeron un retroceso evidente.
«Non se pode demorar por máis tempo o momento de emprender iniciativas concretas con prazos precisos». Isto aseguran os académicos numerarios da RAG nun texto dado a coñecer hoxe e que leva por título O galego dá vida, pola vida do galego. Declaración institucional da Real Academia Galega. O documento  está formado por un preámbulo, un decálogo e un epílogo. No primeiro deles indican despois dos últimos datos publicados sobre o uso do galego este é un pronunciamento «ante a alarma que estes datos provocaron en amplos sectores da sociedade».
Os académicos consideran que a mellor garantía para a pervivencia do idioma «é a transmisión das xeracións maiores ás máis novas e o compromiso individual de cada un dos falantes no seu uso». No decálogo a RAG pide «maior oferta televisiva, de productos audiovisuais», maior presencia do galego na universidade, en tódolos ambitos da sociedade e «un marco normativo máis axeitado, pero sobre todo, un discurso renovado, positivo e proactivo».

Nenhum comentário:

Se procura um serviço de máxima qualidade e profissionalidade, podemos ajudar-lhe