Translate

quinta-feira, 23 de maio de 2013


Galicia, Portugal e Brasil compartirán escenario no Festival Internacional de Teatro Ponte na Escena
Gondomar acollerá esta mostra das artes escénicas da lusofonía do 24 ao 26 de maio
JORGE LAMAS
Vigo 22 de mayo de 2013 16:58

Gondomar acollerá do 24 ao 26 de maio o I Festival Internacional de Teatro «Ponte na escena», no que participarán compañías de Galicia, Portugal e Brasil. Ao longo de toda esa fin de semana, o público poderá gozar de seis espectáculos a prezos populares: 4 euros por entrada ou 6 euros polo bono para asistir a dúas funcións. Organizado por Limiar Teatro e Ponte nas ondas, en colaboración co Concello de Gondomar e Fafes Cidade das Artes, o festival xorde como un espazo de encontro dos profesionais das artes escénicas de fala galega e portuguesa co público de ambas beiras do Miño. Así, o venres 24 será a quenda das compañías galegas Limiar Teatro e 8 mm. A primeira representará ás 20 horas no Audiotorio Lois Tobío a súa obra «Verbum Fahrenheit». Pola súa banda, 8 mm actuará ás 23 horas no Bar Catro Camiños, con entrada de balde. Os brasileiros tomarán o auditorio gondomareño o sábado. «Quando se abrem os Guarda Chuvas» é o título da obra que escenificará ás 20 horas Fafe CdA e Cia Farándula, procedente de Rio de Janeiro. Dúas horas despois, Teatro Andante traerá dende Minas Gerais o espectáculo «Olympia». A xornada de clausura estará protagonizada polas compañías portuguesas Fafe Cidade das Artes e Teatro Invisíbel, con «Labirinto de amor e morte» (20 h) e «A visita» (22 h), respectivamente.

Nenhum comentário:

LA RECOMENDACIÓN DIARIA:

  LA RECOMENDACIÓN DIARIA un acontecimiento  sucede , no  se sucede   Para expresar que un acontecimiento ocurre, lo adecuado es emplear  su...