Translate

sexta-feira, 12 de setembro de 2014

CIBERIRMANDADE DA FALA

  LINGUA . CIBERIRMANDADE DA FALA

Insulta en galego, 

334 formas de galeguizar os teus insultos




Relación alfabética coas súas definicións dos insultos máis empregados no idioma galego

 



Apalermado: Pailán
Apoucado: Caguiñas, apouvigado
Argalleiro: Rillote
Atrapallado: Chafulleiro
Avarento: Avaro, cotroso, cutre, mesquiño, raña, rañado, rañento, rillachavos, roñoso, tacaño.

Babeco: Pailán
Babiolo: Pailán
Badoco: Pailán
Badulaque: pirristraca, perristraca
Baduán: Barallocas.
Baldreu: 1.Pel de ovella que serve para facer luvas. 2. Persoa sucia, mal amañada: badanas, baldrogas, baltroeiro, bandallo, chocalleiro, choqueiro, cocho, fargalleiro, fargallón, farrapeiro, farrapento, galdracha, galdrán, galdrapo, galdrogas, galdrupas, goldracha, marrán, palafustrán, pingallo, porcallán, porco, zalapastrán.
Baldrogas: Baldreu
Baltroeiro: Baldreu
Bandallo: Baldreu
Baralleiro: Barallocas
Barallocas: Que fala en exceso ou sen sentido. Badúan, baralleiro, charlatán, deslinguado, falangueiro, lareta, lerchán, lercho, lingoreteiro, zaragateiro, zarangalleiro
Barbuzán:de barba grande. Barbazán
Barrigudo: Gordeiro
Bobo: Pailán
Bribón: Rillote
Bruxa: Lurpia
Bulebule: Que todo o toca e desordena. Que non ten parada. Bulideiro, inquieto, traveso, rebilisco
Bulideiro: Bulebule
Burlateiro: Sórneas
Burlego: Sórneas
Burlón: Sórneas
Burrán: Pailán
Buzaco: Brután

Cabalón: Galistreira, Marimacho, maroutallo
Cabalote: Galistreira
Cacharreiro: 1. Que fai cacharros. 2. Vendedor ambulante.
Cacharulo: Que ten grosas as nádegas.
Cachazudo: Prosma, mortenegra
Cagado: Caguiñas
Cagainas: Caguiñas
Cagaíñas: Caguiñas
Cagán: Caguiñas
Cagarolas: Caguiñas
Cagón: Caguiñas
Caguelo: Caguiñas
Caguiñas: Apoucado,chaíñas, cobarde, cagado, cagainas, cagaíñas, cagán, cagarolas, cagón, caguelo, remendafoles. Ver ñácaras
Camanduleiro: Hipócrita
Candonga: Preguiceira, churriana
Caneludo: Persoa que ten as pernas moi longas. Zancudo
Canfurneiro: Pándego
Canchés: Persoa que ten as pernas torcidas para fóra e xunta os xeonllos. O contrario é Zopo
Caprichoso: Panximicas
Caradecona: Caralavada, desvergonzado
Carallán: Pándego
Catramoia: Xoto, túzaro, toxo
Chafulleiro: Atrapallado, chafallas, chafalleiro, chafullas, farfalleiro, farfallón, mastalleiro, tranfullas, tranfulleiro, trapaceiro, trapalleiro, zaramalleiro, zarapalleiro.
Chambón: Chafalleiro, chafulleiro.
Chapón: Persoa que come con voracidade. Galdrumeiro
Charlatán: Barallocas
Chilón: Delator
Chimpafigos: Pillabán, tunante
Chocho: Choucho
Chocalleiro: 1. Persoa que leva o chocallo. 2. Que ten por costume dicir ou facer chocalladas (bromas ou chanzas de dubidoso gusto). 3. Persoa esfarrapada ou desaseada. Baldreu. 4. Máscara de entroido
Choqueiro: 1. Baldreu. 2. Dise da broma de dubidoso gusto. 3. Máscara
Choracricas: Choromicas
Choranabizas: Choromicas
Choricas: Choromicas
Choromicas: choracricas, choranabizas, choricas, choromiqueiro. Ver Garafateiro
Choromiqueiro: Choromicas
Chosco: 1. Que non ve ou ve por un só ollo. 2. Rendido polo sono.
Chupatintas:*
Chupón: Egoísta
Churriana: Prostituta
Cocho: Baldreu
Coitado: Ñácaras.
Comellón: Gorxón
Coto: Maneto
Cotroso: Avarento
Cubilón: Lacazán
Cutre: Avarento

Desasisado: Tolo
Deslinguado: Barallocas

Egoísta: Chupón, ególatra
Ególatra: Egoísta
Energúmeno: 1. Persoa posuída polo diaño. 2. Persoa moi encolerizada.
Esmorgante: Pándego

Fachada: Con beizos leporinos.
Fachendoso: Farfantón
Falangueiro: Persoa extrovertida e faladora. Barallocas.
Faldeiro: Lambecricas, encumillamado
Falso: Zaino ou zunado
Fandangueiro: Pándego
Fanfarrón: Farfantón
Fantasmón: Farfantón
Fantoche: Fantasmón
Fañoso: Gangoso.
Farandoleiro: Pándego.
Farfallán: Farfantón
Farfalleiro: Chafulleiro. Farfallón.
Farfallón: Que ten moi pouco coidado no seu traballo. Chafulleiro
Farfantón: fachendoso, farfallán, figurón, finchado, fanfarrón, fantasmón, fantoche, farfallán, farruco, galo, pantalleiro, pantasmón, presumido, presuntuoso, rufo, ufano
Farfullas: Dise da persoa que fala moi de presa e que se atropela
Fargalleiro: Baldreu
Fargallón: Baldreu
Farrapeiro: Baldreu
Farrapento: Baldreu
Farrista: Pándego
Farruco: Farfantón
Farsante: Mentireiro
Fazañeiro: Que alardea das súas fazañas.
Fazuleiro: Persoa que ten moi carnosas as meixelas.
Fedello: que enreda moito, revoltoso inquedo. Fuchicas, fervello, salgarito.
Figurón: Farfantón
Finchado: Farfantón
Folgazán: Lacazán, nugallán
Fuchicas: Fedello
Fuciñudo:*

Gago: Zarabeto
Galdracha: Baldreu
Galdrán: Baldreu
Galdrapo: Baldreu
Galdrogas: Baldreu
Galdrumeiro: persoa que come avidamente e con desaseo. Chapón
Galdrupas: Baldreu
Galistreiro/a: 1. Curiosón. 2.Marimacho. Cabalón, cabalote
Gallofeiro: Pándego. Amigo das festas e diversións
Galo: Persoa prepotente e provocativa: Farfantón
Galopín: Rillote
Gandulo(gandula): Lacazán
Gangoso: Fañoso, sorneón.
Garafeteiro: Persoa que tende a facer aloumiños ou ñáñaras. Melindreiro, Mequeiro, mexerica, mexeriqueiro, mimarracheiro, miñaxoia, xoíña, xanciño. Ver Choromicas
Garatuxeiro: Que gaba ós demais en exceso. Loamiñeiro
Garza: Churriana, candonga
Ghaleador: Fodedor
Goldracha: Baldreu
Gordecho: Gordeiro
Gordeiro: Barrigudo, gordecho, panchés, panzudo.
Gorlón: Rosmón
Gorxón: Comellón
Gruñón: Rosmón

Indolente: Prosma, alpabarda
Inquieto: Bulebule, pedrés
Irónico: Sórneas

Lacaceiro: Lacazán
Lacazán: Dise do que non quere traballar. Cubilón, folgazán, gandulo, lacaceiro, langrán, lerchán, lercho, loubán, nugallán, nugalleiro, palanquín, panqueiro, preguiceiro, vago, zángano.
Lagoñeiro: Larpeiro
Lambecricas: 1. Home que anda sempre entre mulleres. Faldeiro. 2. Lambecús, Garatuxeiro, Lapacricas.
Lambecodias: Garatuxeiro
Lambefoulas: Avarento
Lambecús: Garatuxeiro
Lambetas: Larpeiro
Lambeteiro: Larpeiro
Lambisqueiro: Persoa á que lle gustan as lambetadas ou andar a comer pouco e pouco: lambuxeiro
Lambón: Larpeiro
Lambuxeiro: Lambisqueiro
Lambuzas: Larpeiro
Lampantín: Lapatín
Langrán: Que ten aversión polo traballo. lacazán. 2. Dise da persoa moi alta e desproporcionada.
Lapatín: Larpeiro
Larbuceiro: Larpeiro
Lareta: Indiscreto que todo o divulga.Larpán: Larpeiro
Larpeiro: lagoñeiro, lambetas, lambeteiro, ver lambisqueiro, lambón, lambuzas, lampantín, lapatín, larbuceiro, larpán, larpón, xaropeiro
Larpón: Larpeiro
Lelo: Pailán
Lerchán: lercho
Lercho: 1.Barallocas. 2. Indecente. 3. Lacazán. 4. Dise da persoa que come e bebe demasiado.
n: Barallocas
Loamiñeiro: Garatuxeiro.
Lorcho/a: 1. persoa de baixa condición. 2. Muller de mala reputación.
Loubán: 1. Astuto, pícaro, truhán. 2. Lacazán.
Louco: Tolo
Lunático: Tolo
Lurpio/a: 1. Ladrón (ladroa, ladrona, ladra), estafadora. Rapañeiro, raspiñeiro, raspuñeiro 2. Muller vella e fea: Bruxa, pandorca. 3. Voraz.

Malfeitor: Que cometeu ou comete actos criminais.
Malicioso: Sórneas
Malintencionado: Zunado
Malmirado: Dise da persoa mal considerada.
Malpocado: Coitado, infeliz,desgraciado. Ñácaras
Manco: Maneto
Maneto: Coto, manco, toco
Maroto: 1. Macho da gaivota. 2. Rillote
Marrán: Baldreu
Marulo: 1. Pailán. 2. Terco, Testán
Marrecas: Xorobeta
Mastalleiro: que traballa sen esmero. Chafulleiro
Matachín/a: Matón*
Matón*
Meixelas: Persoa que se queixa moito
Melindreiro: Garafateiro
Mentireiro: Farsante.
Mequeiro: Garafateiro
Mesquiño:*
Mexerica, Mexerica ou C: Ver Mexeriqueiro
Mexeriqueiro ou Mexiriqueiro: 1. Persoa remilgosa ou mimarralleira. Panximicas. 2. Garafateiro
Milhomes: Maricallo
Mimarracheiro: Garafeteiro
Moinante: Moina, moíña
Mornias: apoucado

Nacho: Chato
Necio: Pailán Nugallán: Lacazán
Nugalleiro: Lacazán, mangoeiro.

Ñácaras: Dise do home pequeno, coitado, pouca cousa, ñoño, malpocado, xan, xirigaito, xornas
Ñato: Chato
Ñoño: Ñácaras

Osmón (osmona, osmoa): que osma, que rastrea ou axexa mediante o olfato)

Pachán:Prosma
Pachorrento: Prosma
Pachorro: Prosma
Padexas: Padexeiro, sobón
Padexeiro: padexas
Paduán: Pailán
Pagüelo: Parvo, pampo, pasmón, touporroutou
Paifoco: Pailán
Pailaroco: Pailán
Paizoco: Pailán
Pailán: 1. Ignorante, inculto. 2. Apalermado, babeco, babiolo, badoco, bobo, burrán, lelo, marulo, necio, paduán, paifoco, pailaroco, paizoco, paleto, panoco, palabea, palanquín, palurdo, pampo, ver papamoscas, parviolo, parvo, pimpín, pipiolo, zopenco, zoquete
Palabea: Pailán
Palabreiro: Persoa que promete moitas cousas e logo non cumpre
Palafustrán: Baldreu
Palanquín: 1. Pailán. 2. Lacazán
Paleto: Pailán
Palurdo: Pailán
Pampo: Papón, pasmón, paspán, palastrán, palimoco, palamán, pallón, alifáfaro, toupa
Panchés (panchesa): Gordeiro
Pancho: Prosma
Pándego: Dise da persoa amiga das farras e diversións. Canfurneiro, carallán, esmorgante, fandangueiro, farandoleiro, farrista, gallofeiro, parrandeiro, rexoubeiro, trouleiro.
Pandorca: 1. Muller grosa e preguiceira. 2. Muller desastrada e sen gracia. Lurpia
Panolo: Pailán
Panqueiro: Lacazán
Pantalleiro: Farfantón
Pantasmón: Farfantón
Panzudo: Gordeiro.
Panximicas: Persoa que anda con demasiados remilgos. caprichoso, mexiriqueiro, panximiqueiro.
Panximiqueiro: Panximicas
Panxolas: Dise do que sabe capta-la vontade doutro con enganos e gabanzas.
Papainas: Papamoscas
Papafilloas: Papamoscas Papalastrán: Papamoscas
Papaleisón: Papamoscas
Papamoscas: (Pailán). papainas, papafilloas, papalastrán, papaleisón, papán, paparón, papoio.
Papán: Papamoscas
Papaostias
Paparón: Papamoscas
Papoio: Papamoscas
Parrandeiro: Pándego
Parsimonioso: Prosma
Parviolo: Parván
Parvo: Pailán
Pedichón:*
Pícaro: Rillote
Pillabán: Rillote
Pillo: Rillote
Pimpín: Pailán
Pingallo: Baldreu
Pipiolo: Pailán
Porcallán: Baldreu
Porco: Baldreu
Porfiador: Porfión
Porfión: Porfiador, teimoso
Pousafoles: Prosma
Pousón: Prosma
Prea: Falso, sucio, desprezable
Preguiceiro: Lacazán
Presumido: Farfantón
Presuntuoso: Farfantón
Prosma: Persoa lenta, pesada, tardona. Cachazudo, indolente, pachán, pachorrento, pachorro, pancho, parsimonioso, pousafoles, pousón, sórneas, tardón.
Prostituta: Churriana. lorcha

Rabechas: Rabechudo, rabión
Rabelludo: de trato brusco. Xoto
Rabisaco: bule-bule, persoa con moito xenio
Rallante: Prosmeiro
Rancoroso:*
Raña: avarento
Rañado: avarento
Rañán: Trampulleiro
Rañento: avarento
Rañón: Trampulleiro
Rañoso: 1. Sarnoso. 2. Trampulleiro
Rapaceiro: Persoa que gusta dos rapaces.
Rapañeiro: Raspiñeiro
Rapatundas: Dise do que por apoucado aguanta tundas de todos.
Raposeiro: Astuto, malicioso, raposo, renarte, zamurdo, zorro
Raspiñeiro: Dise do que rouba cousas de pouco valor. Rapañeiro. raspuñeiro
Remendafoles: Caguiñas
Rexoubeiro: 1. Que fala mal doutras persoas. 2. Dado ás troulas e diversións. Pándego
Rifante: Rifeiro
Rifeiro: Dise de quen é amigo de andar en rifas ou liortas. Rifante.
Rillachavos: Avarento
Rillote: Argalleiro, bribón, galopín, maroto, pícaro, pillabán, pillo, trangalleiro, traste, trasto, zaragalleiro, pedrés
Rincheiro: Que ri con estridencia, ensinando os dentes.
Roñoso: avarento
Rosmón: Gorlón, gruñón
Rufián: 1. Persoa perversa e despreciable. 2. Alcaiote, proxeneta, traficante de mulleres públicas.
Rufo: Farfantón

Sacaespiñas: Cotilla, soneco
Sobón: Padexas
Sórneas: 1. Individuo calmoso ou lento. Prosma. 2. Burlateiro, burlego, burlón, irónico, malicioso
Sorneón: Que fala polo nariz. Gangoso

Tacaño: Avarento
Tardón: Prosma
Tatexo: Zarabeto
Tato: Zarabeto
Teimoso: Porfión
Terco: Marulo
Testán: Marulo
Toco: Maneto
Tolainas: Tolo
Toleirón: Tolo
Tolitates: Tolo
Tolleito:*
Tolo: Desasisado, louco, lunático, tolainas, toleirón, tolitates
Tragón: Comellón
Traicioeiro: Zaino
Traidor: Zaino
Trampulleiro: Rañán, rañón, rañoso, trampeiro, trampón, tramposo, trampullón
Trampuzas: Persoa involucrada en negocios sucios.
Tranfullas: Chafulleiro
Tranfulleiro: Chafulleiro
Trangalleiro: Rillote
Trangallón: Individuo alto e desgarbado
Trapaceiro: Chafulleiro
Trapalleiro: Chafulleiro
Traste: Rillote
Trasto: Rillote
Traveso: Bulebule
Trouleiro: Pándego
Truhán:Moína, moinant

Ufano: Farfantón

Vago: Lacazán
Virachaquetas: Chaqueteiro

Xan: Home de pouca personalidade que é manexado por todos. Ñácaras.
Xaropeiro: 1. Persoa á que lle gustan as mesturas raras. 2. Larpeiro
Xirico:Dise da persoa de constitución feble.
Xirifeiro: 1. Dise da persoa delicada, fina. 2. Espabilado
Xirigaito: Ñácaras. Falto de carácter
Xogantín: Afeccionado ó xogo de cartos.
Xornas: Ñácaras. Apoucado, falto de carácter
Xoto: Dise da persoa esquiva, arisca. Rabelludo
Xudas: Zaino, traidor
Xurafaz: 1. Que xura ou blasfema moito. 2. Persoa cruel, inhumana.

Zaíno: Falso, traicioeiro, traidor, xudas, zuíño. Ver Zunado
Zalapastrán: Baldreu, pastrán, fargallón, bandallo, persoa sucia e mal amañada
Zancaxoso: Zopo
Zancudo: Caneludo
Zángano: Lacazán
Zarabeto: Gago, Tatexo, Tato
Zaragalleiro: Rillote
Zaragateiro: Barallocas
Zaramalleiro: Chafulleiro
Zarangalleiro: Barallocas
Zarapalleiro: Chafulleiro
Zopenco: Pailán
Zoquete: Pailán
Zopo: Persoa que ten os pes metidos para dentro. Zancaxoso. O contrario é Canchés
Zuíño: Zaino
Zunado: Malintencionado. Ver Zaino

Nenhum comentário:

LA RECOMENDACIÓN DIARIA

  LA RECOMENDACIÓN DIARIA resistencia a los antimicrobianos , mejor que  resistencia antimicrobiana   Resistencia a los antimicrobianos , no...